martes, 25 de setembro de 2018

Taraxacum officinale

Taraxacum officinale Weber et Wiggers é unha planta perenne que habita en prados, cunetas, bordes de camiños ou cultivos. Presenta unha raíz grosa da que saen uns talos moi curtos, destes xorden unhas follas verdes con bordo dentado e dispostas en roseta. No medio desta roseta e onde aparecen as flores amarelas características da planta, atópanse formando un capitulo. A polinización das mesmas e entomófila, realizada por himenópteros. Destas flores xorde o froito, un aquenio chamado cipsela, rodeado de brácteas, as cales na súa madurez forman o vilano, estrutura que favorecera a dispersión por medio do vento, e dicir, por anemocoria.

O dente de león presenta un biotipo hemicriptofito, e dicir, e unha planta perenne, da cal a parte aérea morre anualmente e as súas xemas invernastes quédanse a ras do solo durante a estación desfavorable. A distribución de Taraxacum officinale Weber et Wiggers  e fundamentalmente a península ibérica e Francia, aínda que tamén podemos atopar algúns ao norte de Europa, en Australia e nalgunhas illas Atlánticas.  

Na actualidade, emprégase en infusións, en cremas e como planta de interés apícola.