sábado, 17 de febreiro de 2018

Galo piñeiro

Existen diferentes tipos de galos domésticos, os cales proceden do galo de Bankiva (Gallus gallus bankiva). Un deses tipos é o galo piñeiro, o cal se caracteriza por ter unha cabeza piramidal, e un corpo estilizado.

A cara do animal é vermella dela sae un pico cor amarelento, sendo un pouco máis escura a parte superior ca inferior, ademáis, conta con  barbas de considerable tamaño, de cor vermella e redondeadas. No extremo superior da cabeza conta cunha cresta, que a diferencia doutros galos, é curta. Presenta un pescozo largo, recuberto por plumas de color marrón, un peito ancho, largo e de cor escuro, negro ou negro con manchas, cores que se prolongan tamén na parte do abdome. Tamén se caracteriza por presentar unha cola vistosa, levantada e con plumas de cor negra e marrón.


Nesta variedade de galo, atopamos un gran dimorfismo sexual, pois a galiña ten as barbas máis reducidas, un pescozo reto, e presenta cores máis claras cao galo.A femia soe poñer 180 ovos ao ano.

Na actualidade, esta variedade conta cunha festa no concello de O Pino (A coruña), de gran interese turístico. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario